De esquerda a dereita: Jesús Soto, Óscar Rodríguez, Teresa Pérez e Javier Teijeiro; na rolda de presa celebrada esta mañá. AXM
JUAN MAYA. O portavoz do Partido Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, cargou nunha rolda de prensa celebrada este xoves contra a ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos, que foi aprobada cos votos dos concelleiros que forman parte do goberno municipal e esixiu a retirada na súa “actual redacción”.
Rodríguez expresou que o documento non é o que “necesita Viveiro” e que no lugar de “resolver problemas”, o que vai facer é “crealos”. Tamén pensan que a súa redacción actual é “confusa en moitos aspectos e repetitiva”.
CRITICAN A “FALTA DE REFERENCIA” AO COVID-19
Os populares pretenden que todos os grupos municipais participen na súa elaboración para que sexa un “documento consensuado e libre de todas as deficiencias” que atopan nel. Deste xeito, consideran unha “carencia” a falta de referencia ao “problema da pandemia” e califícano como algo “inaudito”.
“Para nós, unha ordenanza coma esta ten que ser moi clariña, de maneira que todos os cidadáns saiban a que están obrigados e que dereitos teñen nos temas aos que afecta esta normativa”, declarou o portavoz.
EN PERÍODO DE ALEGACIÓNS
Rodríguez está “seguro” de que a cidadanía amosará o seu rexeitamento e sinalou que o período de presentación de alegacións pode permitir todavía a posibilidade de “modificar consensuadamente esta ordenanza”, algo que será de “gran importancia para Viveiro”.
ACTOS VANDÁLICOS
Rodríguez aproveitou a ocasión para lembrar aos asistentes sobre os actos de vandalismo nos “días pasados” no paseo marítimo, no que “os gamberros desmontaron algúns dos bancos”, e sobre as queixas dalgúns veciños da localidade en relación a que algúns contedores “dunha rúa” non foron baleirados en varios días.