InicioSucesosDáse á fuga tras un accidente en Viveiro e esconde nunha nave...

Dáse á fuga tras un accidente en Viveiro e esconde nunha nave o coche, sen seguro e ITV en regra

A Policía Local localizou ao causante, de 20 anos, dun sinistro na zona de San Lázaro, no que non houbo feridos pero que deixou danos materiais en dous vehículos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través do xefe da Policía Local, informa de que se localizou ao condutor implicado nun accidente de circulación con resultado de danos materiais que se deu á fuga tras o accidente.

Os feitos ocorreron na madrugada do luns 24 ao martes 25 do presente mes de agosto, cando a patrulla da Policía Local recibiu unha chamada, en torno ás 03.45 horas, comunicando a existencia dun accidente de circulación na estrada LU-102, á altura de San Lázaro, e que un vehículo se dera á fuga. Non se rexistraron persoas feridas, pero si dous vehículos danados.

Na mañá do día 25 a Policía Local localizou ao condutor dun Seat Ibiza de cor branca, causante do accidente, e que o escondera nunha nave de Celeiro. O vehículo carecía de seguro obrigatorio e tiña a ITV caducada. Xunto co condutor, un mozo de 20 anos de idade, acompañábano no vehículo outros dous mozos, neste caso menores de idade.

OBRIGAS DOS IMPLICADOS

A Lei de Seguridade Vial establece a obriga de calquera condutor implicado nun accidente de circulación de evitar maiores perigos ou danos, e restablecer, na medida do posible, a seguridade da circulación, sinalizando convenientemente o vehículo ou o obstáculo creado. A presenza de restos dos vehículos na calzada, tras un accidente, pode dar orixe a novos sinistros, polo que non adoptar as medidas necesarias para previlos pode supoñer unha infracción grave ou moi grave ás normas de tráfico.

No caso de que se tiveran rexistrado lesións nas persoas que revestiran o carácter de delito, ou falecemento, e sempre que non concorrera risco propio ou de terceiros, se o condutor abandona voluntariamente o lugar dos feitos tras causar un accidente, o vixente Código Penal tipifica a devandita conduta como un delito de abandono do lugar do accidente. Agora o condutor enfróntase ás sancións correspondentes, así como á responsabilidade civil polos danos causados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...