IniciosociedadeA Mariña gañou no 2019 319 residentes co saldo migratorio, 171 máis...

A Mariña gañou no 2019 319 residentes co saldo migratorio, 171 máis ca no 2018

A cifra apenas alivia a sangría do saldo vexetativo, con arredor de 600 mortes máis que nacementos por exercicio ao longo dos últimos anos

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. Mentres A Mariña se desangra polo saldo vexetativo, alíviase en parte a través do balance migratorio. O Instituto Galego de Estadística (IGE) fixo público este luns os datos relativos á Explotación de Movementos Migratorios en Galicia no 2019. Segundo estes datos, a comarca perdeu 1.973 residentes ao longo do mencionado exercicio, mentres que gañou un total de 2.292. O saldo migratorio dese ano deixa así 319 residentes máis na comarca.

O número de emigrantes documentados na Mariña durante o 2019 foi, en total, de 2.429 persoas, aínda que 456 delas movéronse a outros destinos da bisbarra; a inmigración global ascendeu a 2.473 persoas.

Das persoas que chegaron á Mariña no 2019, 562 (o 24,5%) viñeron desde o estranxeiro, 733 desde outras Comunidades Autónomas do Estado (o 32%) e o resto doutros puntos de Galicia. Namentres, 197 mariñaos marcharon a outros países (o 10% dos emigrantes totais) e 722 a outras Autonomías de España.

Consolídase, polo tanto, unha tendencia migratoria positiva na comarca. No 2017, o saldo migratorio foi de +249 (2.029 inmigrantes por 1.780 emigrantes, con 387 movementos residenciais dentro da comarca), mentres que no pasado exercicio chegaron á Mariña un total de 2.320 persoas mentres que marcharon 2.172 (+148), con 504 movementos dentro da bisbarra.

Malia esta suba no balace migratorio, o saldo positivo amortigua só en parte, e non palía, o resultado vexetativo negativo de todos os concellos da Mariña; nese mesmo 2019, morreron 602 persoas na bisbarra máis das que naceron. No 2018, as cifras foron de -658 residentes e de -600 2017.

CANTOS EMIGRANTES E INMIGRANTES HOUBO NA MARIÑA?

O número de emigrantes nos concellos da Mariña foi o seguinte: Alfoz, 36 (24 a outros puntos da comarca); Burela, 406 (78), Foz, 366 (52), Lourenzá, 61 (18); Mondoñedo, 99 (27); Valadouro, 59 (26); Cervo, 136 (20); Ourol, 44 (26); O Vicedo, 55 (12); Viveiro, 505 (79), Xove, 91 (22); Barreiros, 128 (21); A Pontenova, 86 (13); Ribadeo, 295 (24); Trabada, 29 (8); Riotorto, 33 (6).

A cifra de persoas inmigrantes foi: Alfoz, 39 (29 procedentes doutros puntos da comarca); Burela, 360 (50); Foz, 464 (95); Lourenzá, 72 (11); Mondoñedo 94 (17); Valadouro, 70 (23); Cervo, 163 (18); Ourol, 34 (22); O Vicedo, 56 (17); Viveiro, 562 (64); Xove, 120 (38); Barreiros, 151 (20); A Pontenova, 77 (2); Ribadeo, 410 (37); Trabada, 42 (7); e Riotorto, 29 (1).

BURELA PERDEU 46 RESIDENTES E RIBADEO GAÑOU 115

No caso de Burela (-46) as saídas poboacionais foron superiores ás entradas, sendo o concello que anotou os peores resultados neste aspecto. No caso de Ribadeo aconteceu xusto o contrario xa que se produciron 115 entradas máis que saídas, unha subida de 102 residentes comparado co ano anterior.

No resto de concellos os datos foron os seguintes: en Alfoz, o saldo migratorio foi de +3; en Foz, 98; en Lourenzá, 11; en Mondoñedo, -5; no Valadouro, 11; en Cervo, 27; en Ourol, – 10; no Vicedo, 1; en Viveiro, 57; en Xove, 29; en Barreiros, 23; na Pontenova, -9; en Riotorto, -4.

VIVEIRO E BURELA, POLOS DE ATRACCIÓN DE POBOACIÓN ESTRANXEIRA

Dos 310 inmigrantes de fóra da Mariña recibidos en Burela, 104 procedían doutros países, o 33,5%. En Viveiro foron 164 de 498, preto do 33%.

MOVEMENTOS DENTRO DA PROPIA MARIÑA

As estatísticas tamén falan de como núcleos de poboación da Mariña atraen residentes doutras zonas da comarca. Das 36 persoas que marcharon de Alfoz, 24 fóronse a outros lugares da bisbarra e só cinco a outras provincias de Galicia ou a outra comunidade autónoma ou ao estranxeiro. En Ourol, das 44 persoas que marcharon 26 fixérono a outras zonas da Costa de Lugo e 7 a outras provincias de Galicia, outras CCAA ou ao estranxeiro.

Foz, que recibiu 95 residentes noutras zonas da comarca no 2019, Viveiro, que acolleu 64 mariñaos, exercen como principais polos de recepción, así como Burela (50), Xove (38), que se coa entre as vilas principais, e Ribadeo (37).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...