IniciosociedadeDá positivo un brigadista da cuadrilla de Lourenzá e outros cinco compañeiros...

Dá positivo un brigadista da cuadrilla de Lourenzá e outros cinco compañeiros permanecen illados

Este martes, segundo a Xunta, fíxoselle a proba e este mércores coñeceuse o resultado positivo, "polo que se decidiu manter a todos os membros da brigada nas súas casas ata nova orde"

Publicada o

- Advertisement -

Un brigadista do servizo contra incendios forestais da localidade luguesa de Lourenzá deu positivo en Covid-19, segundo confirman fontes da Consellería do Medio Rural.

O sindicato CSIF apuntou a existencia de persoal illado tanto en Lugo como na Coruña, tras o que Medio Rural situou en seis os afectados, o positivo de Lourenzá e outros cinco compañeiros. Todos eles atópanse nas súas casas, pero á consellería non lle consta “ningún” caso na provincia coruñesa.

De acordo coa información transmitida pola consellería, este mércores confirmouse o positivo do brigadista do distrito VI (A Mariña de Lugo), en concreto da cuadrilla da Lourenzá.

A primeira sospeita sobre este posible caso tívose o pasado luns e xa entón, de maneira preventiva e seguindo os protocolos sanitarios establecidos, procedeuse a separar a esta persoa e a enviar a todos os integrantes da brigada (incluído el) aos seus domicilios”, explica o departamento da Xunta.

Este martes, segundo o relato de Medio Rural, fíxoselle a proba e este mércores coñeceuse o resultado positivo, “polo que se decidiu manter a todos os membros da brigada nas súas casas ata nova orde, en función do que establezan os seus médicos de cabeceira”.

O CSIF DENUNCIA A “CARENCIA” DE “PROTOCOLOS ESPECÍFICOS”

Pola súa banda, o sindicato CSIF denunciou a existencia de “novos positivos” en covid-19 entre persoal do servizo contra incendios forestais da Xunta. En concreto, apuntaba aos distritos forestais III e V.

CSIF critica que a consellería “carece de protocolos específicos” ante positivos e acúsalle de aplicar “unha política de escurantismo para esconder a súa incompetencia”.

Tras o positivo na Cañiza (Pontevedra), o conselleiro, José González, mostrouse aberto, a preguntas dos xornalistas, a negociar cos sindicatos un reforzo das medidas de prevención contra a covid-19.

PERSOAL ILLADO E POSITIVO NA CORUÑA E LUGO

Nun comunicado, CSIF asegura que varios traballadores se puxeron en contacto con esta organización para informar de “novo persoal illado e positivo” na Coruña e en Lugo.

Concreta que no distrito forestal III unha brigada e tres bombeiros forestais condutores de motobomba “permanecen illados” e que no distrito V unha cuadrilla está tamén illada. E engade que no distrito XVII “mentres unha parte dos traballadores seguen en corentena, outros foron requiridos para reincorporarse aos seus postos”.

“Ninguén pode entender por que a protección da saúde do persoal do servizo non é igual para todos“, reprocha, e volve esixir a modificación do protocolo “de modo que se garantan a seguridade do persoal e a operatividade dos servizos públicos”.

PERSOAL CONFINADO EN VEHÍCULOS

Así mesmo, CSIF indica que “nalgúns distritos”, para reducir os contactos nas bases, “deron instrucións para situar no monte aos bombeiros forestais nada máis dar a entrada, confinando ao persoal nos vehículos“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...