IniciosociedadeA Deputación reclama á Xunta cribados periódicos de PCR nas residencias da...

A Deputación reclama á Xunta cribados periódicos de PCR nas residencias da rede provincial

Nos catro centros de maiores, entre eles os de Trabada e Ribadeo, viven unhas cen persoas e traballan un centenar de empregados

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou este xoves de que remitiu senllas cartas á Consellería de Sanidade e á de Política Social para que fagan probas PCR nas catro residencias que dependen do ente provincial, entre elas as de Ribadeo e Trabada.

Así o dixo antes de participar nunhas xornadas sobre maiores. Tomé reclamou que esas probas “se fagan tanto aos residentes como ao persoal, agora, de forma inmediata e logo, periodicamente”. Polo momento, aclarou, non se rexistraron positivos por coronavirus en ningunha desas residencias.

“Ata agora, e tocamos madeira, non tivemos ningún caso”, destacou. “Analízanse as medidas que imos tomando sempre tratando de anticiparnos, como o peche das visitas para evitar calquera tipo de contaxio. Temos uns protocolos tamén moi claros de como ten que acceder o persoal a traballar”, subliñou.

POLO DE AGORA, NINGÚN POSITIVO

Neste momento están abertos os centros de maiores de Ribadeo, Trabada, Pol e A Fonsagrada, nos que viven uns 100 usuarios. En cada un deles traballan unhas 25 persoas.

O PP INSTA A TOMÉ A TOMAR “MEDIDAS PREVENTIVAS E DE SEGURIDADE”

Malia que as competencias sanitarias son exclusivas da Xunta de Galicia, foi o voceiro do PP na Deputación, o focego Javier Castiñeira, quen respondeu no lugar do Goberno autonómico á petición de Tomé, afirmando que “a aplicación de medidas preventivas e de seguridade (nos centros de maiores da rede provincial) depende, como resulta evidente, da propia institución”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...