IniciosociedadeViveiro elabora unha ordenanza reguladora do uso dos viais municipais para a...

Viveiro elabora unha ordenanza reguladora do uso dos viais municipais para a saca de madeira

O 18 de setembro finalizará o prazo para a formulación de suxerencias e a normativa será levada a pleno para a súa aprobación inicial

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a elaboración dunha ordenanza para regular o uso común especial dos viais municipais para a saca de madeira. O executivo municipal mantivo unha reunión cos voceiros dos distintos grupos municipais para explicar o contido da mesma.

Esta ordenanza, segundo concreta o goberno municipal, foi publicada no taboleiro de anuncios o 20 de agosto concedendo un prazo de 20 días hábiles para o seu coñecemento e presentación das suxerencias; este prazo remata o vindeiro 18 de setembro.

Cando finalice o periodo de exposición, a ordenanza será levada a pleno para a súa aprobación inicial, realizándose posteriormente unha nova exposición ao público; finalmente, tería a luz verde definitiva.

“A finalidade desta ordenanza é velar pola debida conservación dos viais de titularidade municipal, en relación cos danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das operacións de saca de madeira, comprendéndose dentro desta as operacións preparatorias da corta da madeira, almacenamento e transporte, así como o almacenamento e transporte da biomasa ou restos xerados pola corta”, expón o Concello nun comunicado de prensa.

“Resulta tamén prioritario o interese en protexer ás persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e para iso é esencial que os viais de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfecto estado”, prosegue.

“Conscientes da importancia do sector forestal, pero tamén da incidencia que esta actividade pode ter na conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal, esta ordenanza pretende facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección paisaxística, a conservación dos camiños e a seguridade vial, regulando o uso especial dos viais de titularidade municipal para a saca de madeira”, remata.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...