IniciosociedadeAcusan á Xunta de obrigar a traballar a unha brigada forestal dous...

Acusan á Xunta de obrigar a traballar a unha brigada forestal dous días desde o aviso dun posible Covid-19

Segundo o CSIF, Medio Rural mantivo activa a cuadrilla de Lourenzá ata o 31 de agosto cando un obreiro que resultou positivo advertiu "na metade da quenda" do día 29 sobre a súa situación

Publicada o

- Advertisement -

O sindicato CSIF acusou este venres á Xunta de Galicia de “ocultar datos” e de “incumprir o protocolo sanitario” ao demorar o illamento da brigada de bombeiros de Lourenzá, do Distrito Forestal VI (A Mariña Lucense), ata dous días despois de que foran reportados os primeiros contactos. Nesta cuadrilla un traballador resultou positivo por coronavirus (Covid-19).

As sospeitas de contaxio comezaron “na metade da quenda” do pasado sábado 29, cando a brigada comunicou ao distrito que un compoñente mantivera “contacto directo” con varias persoas positivas.

Aínda que -segundo o sindicato- o protocolo implicaría o illamento preventivo inmediato dos traballadores, o distrito “obrigou á brigada a continuar coa súa quenda”, denuncia o CSIF, “permitindo tan só o illamento da persoa sospeitosa, que uns días despoisremataría dando positivo por Covid-19. Ao día seguinte a brigada volveu de novo ao traballo, recibindo finalmente ordes de gardar corentena o luns 31, “dous días despois de que fora comunicado o primeiro contacto”. Algo que negou a Xunta, que asegurou “que a primeira sospeita sobre este posible caso tívose ese mesmo día”.

Neste distrito había cinco brigadistas en corentena, e por agora houbo dous negativos, estando á espera de resultados para os outros tres traballadores. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...