A compañía viveirense Autobuses de Viveiro, que conta cun persoal de 23 persoas, engade 10 novos autobuses da marcas Iveco, Mercedes, Scania e MAN, pasando a ter unha frota de 20 autobuses. Así fará fronte a unha nova etapa na historia dunha compañía que leva na estrada desde 1928 e que percorreu máis de media Europa con viaxes discrecionales, levando desde excursións escolares ata grupos de folclore internacional.
O xerente da empresa familiar, Domingo Otero Seara, amósase especialmente satisfeito co investimento que lle permitirá dar un servizo de calidade e dar continuidade ao proxecto que iniciou o seu pai hai 90 anos.
COVID-19
A compañía ademais implementou medidas especiais de seguridade e hixiene para garantir as medidas hixiénico sanitarias na súa frota de cara a previr contaxios de coronavirus, coa compra de varias máquinas virizidas desinfectantes recoñecidas por Sanidade.
ACCESIBILIDADE
Os novos autobuses inclúen sistemas de plataforma elevadora para facilitar o acceso aos usuarios con necesidades especiais, facendo o transporte público accesible a todas as persoas