IniciosociedadeAutobuses de Viveiro renova a frota para o transporte de escolares e...

Autobuses de Viveiro renova a frota para o transporte de escolares e pasaxeiros na Mariña Occidental

A compañía viveirense, que conta cun persoal de 23 persoas, suma dez novos autocares para atender o servizo

Publicada o

- Advertisement -

A compañía viveirense Autobuses de Viveiro, que conta cun persoal de 23 persoas, engade 10 novos autobuses da marcas Iveco, Mercedes, Scania e MAN, pasando a ter unha frota de 20 autobuses. Así fará fronte a unha nova etapa na historia dunha compañía que leva na estrada desde 1928 e que percorreu máis de media Europa con viaxes discrecionales, levando desde excursións escolares ata grupos de folclore internacional.

O xerente da empresa familiar, Domingo Otero Seara, amósase especialmente satisfeito co investimento que lle permitirá dar un servizo de calidade e dar continuidade ao proxecto que iniciou o seu pai hai 90 anos.

COVID-19

A compañía ademais implementou medidas especiais de seguridade e hixiene para garantir as medidas hixiénico sanitarias na súa frota de cara a previr contaxios de coronavirus, coa compra de varias máquinas virizidas desinfectantes recoñecidas por Sanidade.

ACCESIBILIDADE

Os novos autobuses inclúen sistemas de plataforma elevadora para facilitar o acceso aos usuarios con necesidades especiais, facendo o transporte público accesible a todas as persoas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...