IniciosociedadeO PSdeG reclamará no Parlamento a cobertura das baixas do persoal sanitario...

O PSdeG reclamará no Parlamento a cobertura das baixas do persoal sanitario da Pontenova

Os socialistas denuncian a situación de "abandono" da atención primaria no municipio, que quedou con dous médicos no 2018 tras amortizarse unha praza a partir dunha xubilación

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE rexistrou unha batería de iniciativas para reclamar no Parlamento galego á Xunta de Galicia que cubra as prazas de persoal médico cando os facultativos se atopen de baixa ou de vacacións, a fin de “garantir unha correcta atención primaria no municipio”.

A secretaria provincial dos socialistas na provincia de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, acompañada do alcalde, Darío Campos, e dos concelleiros Francisco Martínez e Isabel Couto, visitou A Pontenova, onde anunciou que levará á Cámara galega a situación do centro de saúde do municipio.

Otero advirte na súa iniciativa que “nos últimos tempos na Pontenova hai unha tendencia a reducir o número de persoal que atende o centro de saúde, aproveitando baixas e xubilacións que deixan sen cubrir. Este é o caso do número de facultativos médicos, que pasou de 3 a 2 pola xubilación dun deles no ano 2018 e que a Xunta de Galicia se nega a  repoñer, ou do paso de 2 a 1 profesional PSX. Estes recortes producen maior saturación tanto na atención médica como na organización do centro. O PAC de referencia para A Pontenova é o do concello de Meira, que en días como o sábado pola mañá ten unicamente un ATS que ten que atender tanto ao PAC como á atención domiciliaria”, explica.

“UN TERZO DA POBOACIÓN”, MAIOR DE 65 ANOS

Así as cousas sinala que “o correcto funcionamento do centro de saúde é indispensable, pois é un concello de poboación moi dispersa e envellecida, con máis dun terzo da veciñanza por riba dos 65 anos, onde os pacientes xa contan cunhas patoloxías previas que precisan de maior atención e máis tempo de consultas. Estas características condicionan a necesidade dunha atención próxima e áxil, que precisa de maiores medios humanos para non saturar as necesidades sobre os profesionais restantes no centro. Os e as veciñas do rural merecen tamén uns servizos públicos de calidade”, expón a parlamentaria socialista.

Otero denuncia que “durante varias semanas dos meses de xullo e agosto o centro de saúde da Pontenova só contou cun médico, xa que o outro atopábase de baixa e o Goberno de Feijóo non cubriu esta praza. Un só médico non chega para tender aos 2.300 veciños e veciñas da Pontenova, e máxime na época estival na que a poboación deste concello medra”, argumenta.

A secretaria provincial dos socialistas lucenses remarca que “o fortalecemento da atención primaria faise se cabe máis necesaria na situación que estamos a atravesar derivada da pandemia xerada pola Covid-19. Sen embargo, estamos a ver que o goberno do PP opta na Provincia de Lugo polo peche de centros de saúde ou pola non cobertura de baixas dos profesionais sanitarios da atención primaria”, lamenta.

“MOITOS MAIORES NON TEÑEN MEDIOS PARA DESPRAZARSE”

O alcalde da Pontenova, pola súa banda, apunta que “esta situación lamentable está a ser denunciada pola veciñanza, e tamén polo propio persoal sanitario do centro de saúde, que está recollendo sinaturas para denunciar esta situación de abandono, e para que a veciñanza da Pontenova poida ser atendida con tódalas garantías médicas”.

“Estamos diante dun problema moi grave, que afecta directamente a poboación moi maior, que vive no rural, e que en moitas ocasións non teñen medios económicos para poder desprazarse a outros concellos para ser atendidos. A atención primaria ten que ser unha prioridade para calquera goberno”, resumiu Campos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...