IniciosociedadeO PSdeG esixe á Xunta axudicar as obras da EDAR de Burela...

O PSdeG esixe á Xunta axudicar as obras da EDAR de Burela ante o risco de perder fondos europeos

Os socialistas reclamarán no Parlamento axilizar o proceso, dado que a nova depuradora, con nove millóns de orzamento, quedaría "seriamente comprometida" sen financiamento comunitario

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial do PSdeG-PSOE en Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, anunciou a través dun comunicado de prensa que levará a situación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Burela ao Parlamento galego. A dirixente socialista rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para “reclamar a adxudicación das obras, garantindo a aplicación dos fondos europeos”, ante a “pasividade” da Xunta de Galicia.

A voceira de Infraestruturas dos socialistas explicou na súa proposta que “en Burela hai unha necesidade urxente dunha nova depuradora de augas. Xa en decembro do ano 2011 o por aquel entón alcalde, o señor Barcia, admitía problemas case a diario coa depuradora, e demandaba unha nova dotación”, lembra.

Así as cousas lembra que “en abril de 2015 Augas Galicia detectaba incumprimentos na depuradora. E en agosto de 2018 a Unión Europea avisaba a España da existencias de fallos na depuración de varios concellos galegos, entre os que incluía Burela”, advertiu.

Remarca Otero que a propia Xunta sinalaba que as novas instalacións da Edar poderían estar en funcionamento no ano 2017, “pero os traballos fóronse dilatando, e a día de hoxe seguen pendentes, poñendo en serio risco a perda dos fondos europeos destinados para este proxecto, senón se realizan en tempo e forma”, lamentou.

NOVE MILLÓNS DE ORZAMENTO

Otero aludiu tamén a comparecencia no Parlamento de Galicia da directora de Augas Galicia. “Alí avanzou que neste mesmo ano se remataría a redacción do proxecto de saneamento para o 2020, para o que destinou no seu orzamento unha inversión de 250.001 euros, nunha obra que se prevé que rolde os 9.000.000 millóns de euros”, expuxo a parlamentaria socialista.

Por iso “diante desta situación é preciso unha actuación urxente, xa que a perda dos fondos comunitarios comprometería seriamente a viabilidade da nova depuradora de augas residuais de Burela”, argumentou.

“Non podemos permitir que as veciñas e veciños de Burela padezan as incompetencias do Goberno de Feijóo. Nestes intres hai fondos europeos para sacar adiante este proxecto, que é vital para o noso Concello. A EDAR ten que ser unha realidade xa”, finalizou Otero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...