IniciosociedadeA residencia de Trabada celebra os 100 anos de Mercedes Prieto

A residencia de Trabada celebra os 100 anos de Mercedes Prieto

A centenaria puido recibir "de forma excepcional" a visita da súa familia, cunhas "medidas moi estritas de distanciamiento e protección fronte ao Covid-19"

Publicada o

- Advertisement -

Mercedes Prieto, veciña do municipio lucense de Trabada e usuaria da residencia da terceira idade que ten a Deputación Provincial de Lugo nese municipio lucense, celebrou o seu centenario no centro público, en compaña dos demais residentes e das persoas que se ocupan do seu coidado.

Mercedes, no día no que cumpriu un século de vida, puido escoller o menú para ela e para os seus compañeiros de residencia e aproveitou para gozar da súa comida favorita: “caldo e enfariñada“.

No centro realizaron tamén unha “merenda especial” para celebrar “xuntos” o aniversario, informou o goberno provincial, e Mercedes puido recibir “de forma excepcional a visita da súa familia“, cunhas “medidas moi estritas de distanciamiento e protección fronte ao Covid-19“.

Durante a celebración foron proxectados varios vídeos, entre eles “un moi emotivo elaborado con fotografías proporcionadas pola familia sobre a vida de Mercedes desde a súa nenez”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...