O alcalde de Burela reclama autopsias para o Hospital da Costa

O rexedor cre que se fai "unha mala xestión dos servizos sanitarios" que supón "esperas innecesarias para as familias"

Edificio vello do Hospital da Costa. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reclama que se volvan practicar autopsias no Hospital da Costa, para evitar “esperas innecesarias” ás familias.

O rexedor fixo esta chamada de atención despois de que o cadáver dun mariñeiro falecido en alta mar días atrás tivese que ser trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a realización da necropsia.

O rexedor considera que se trata “dunha mala xestión dos servizos sanitarios” que “non ten en conta á familia e ao lugar onde estamos”.

“HAI CASUÍSTICAS QUE OBRIGAN”

Llano lembrou que “as autopsias foron recuperadas no 2008 con Emilio Pérez Touriño e retiradas polo Partido Popular. Hai que pensar que na Mariña somos 75.000 habitantes e existe moita industria, moita embarcación e moito tránsito, casuísticas que obrigan a ter o servizo aquí”, conclúe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here