A agricultura ecolóxica galega lucirá nas San Lucas

O consello regulador da especialidade en Galicia disporá na feira un mercado con 25 produtos

Presentación do mercado. AXM

As San Lucas contarán cun mercado de agricultura ecolóxica certificada durante os días que durará a feira. O consello regulador da especialidade en Galicia disporá seis postos que ofrecerán un total 25 produtos.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Carega), Francisco López Valladares, e o dirixente da asociación cultural As San Lucas, Miguel Souto, presentaron o mercado, que ofrecerá valor engadido á feira e mostrará “o pasado, o presente e o futuro da agricultura”, resaltaron.

SHOWCOOKING

Ademais, o día 19 haberá un showcooking da man do chef Martín Mantilla, que se celebrará na Praza do Concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here