IniciosociedadeO BNG de Viveiro insta a retirar as placas que homenaxean ao...

O BNG de Viveiro insta a retirar as placas que homenaxean ao falanxista Pedrosa Latas

A formación frontista lembra que hai un ano acordouse en pleno subsituír as láminas, colocadas no Barrio do Chao de Celeiro, en atención á Lei de Memoria Histórica

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro reclama ao Concello que retire as placas na estatua de San Rafaeliño, no barrio do Chao de Celeiro, en homenaxe ao político e militar falanxista Antonio Pedrosa Latas. A formación nacionalista precisa que o vindeiro 2 de outubro cumprirase un ano desde que solicitou a retirada das láminas.

A iniciativa da formación frontista aprobouse nun pleno a substitución das placas “retirando toda homenaxe a fascistas en dito lugar”, lembra o BNG viveirense, “e acordando tamén a eliminación de todos os recoñecementos públicos que vaian en contra da Lei de Memoria Histórica e que podan aínda perdurar no Barrio do Chao”.

Desde entón “nada se fixo“, indica o BNG local, que insta ao Concello a “emitir as intruccións necesarias para retirar estas placas e toda homenaxe fascista en aplicación a Lei de Memoria Histórica”. O colexio de Celeiro levaba o nome de Pedrosa Latas ata maio de 2018, cando a Xunta tramitou, a petición da corporación municipal, o cambio de denominación, solicitado en inicio por Galiza Nova.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...