InicioEconomíaA Xunta prevé rematar a construción do segundo martelo do porto de...

A Xunta prevé rematar a construción do segundo martelo do porto de Burela “no último trimestre” do ano

A conselleira de Mar visitou o peirao burelao, onde revisou unhas obras que contan cun orzamento de máis dun millón e que beneficiarán "a máis de 250 embarcacións"

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este mércores as obras da segunda fase de ampliación do dique de abrigo do peirao de Burela, coa construción do segundo martelo do porto. A obra, remarca a dirixente da Xunta de Galicia, conta cun orzamento de máis dun millón de euros e “mellorará o abrigo para a frota e a operatividade das máis de 250 embarcacións que anualmente adoitan facer uso destas instalacións”. En canto á duración destes traballos, que comezaron en febreiro, sinalou que “está previsto que rematen no último trimestre do ano“.

No transcurso da visita, na que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, a conselleira fixo fincapé en que “a misión fundamental desta acción é a de reducir a axitación do interior das dársenas, ademais de conseguir maior capacidade de atraque e servir de amortiguación á ondada que chega ao dique de abrigo”.

Con ese obxectivo, as obras que están en execución consisten na ampliación do muro actual do peirao nuns oito metros na dirección existente, sobre a base da infraestrutura actual e na prolongación do conxunto do espigón nuns 50 metros máis cunha aliñación que forme 120 graos coa actual. Deste xeito, esta nova infraestrutura terá un peirao de cinco metros de calado e cantil de 5,60 metros protexido pola parte exterior con mantos de enrochado de cantos de máis de 2.000 quilos e unha extensión superior de 12 metros de anchura entre berma e cantil.

Ademais esta obra equipará ao peirao con escadas metálicas en aceiro inoxidable, defensas, bolardos de 50 toneladas e bitas de 65 quilos, instalacións de auga e electricidade, iluminación e varandas de aceiro galvanizado.

A NAVE DE REDES, “EN FASE DE CONTRATACIÓN”

A estas obras do segundo martelo súmanse as da mellora da nave de redes, que saíron a licitación cun orzamento de máis de 287.000 euros e que están “en fase de contratación”, concreta a Xunta. A maiores, Portos de Galicia reparou con 40.000 euros a cuberta da nave de Expomar, que acolle esta feira de carácter bianual.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...