O Concello de Trabada convida a desfrutar das súas fragas

O goberno local impulsa dúas rutas de sendeirismo para coñecer os bosques, o 14 e 28 de outubro

Fraga da Vilapena. TURISMO DE TRABADA

O Concello de Trabada impulsa dous roteiros de sendeirismo neste mes de outubro para descubrir paraxes naturais do municipio.

A BECERREIRA

O primeiro deles será o domingo 14, cando se cubrirá a ruta da Fraga da Becerreira. Cunha lonxitude aproximada de seis quilómetros, trátase dun percorrido de bosque de ribeira, no que os protagonistas son os carballos e as arandeiras.

A VILAPENA

O día 28 será a quenda da ruta da Fraga de Vilapena, dominada pola presenza de erbedeiros. Constitúe un exemplo da paisaxe e os bosques que na antigüidade conformaban Galicia.

INSCRICIÓNS

Anotan e informan nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 13 50 11.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here