IniciosociedadeO hotel Vila do Val pechará seis meses tralo verán pola "incerteza"...

O hotel Vila do Val pechará seis meses tralo verán pola “incerteza” da pandemia

O establecemento do Valadouro manterase sen actividade desde o 30 de setembro ao 10 de marzo de 2021; "o coronavirus está a marcar o futuro dos nosos negocios", advirte a dirección

Publicada o

- Advertisement -

O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, pechará as súas portas durante seis meses debido á incerteza ocasionada pola pandemia do Covid-19.

O peche deste establecemento, que conta con 18 habitacións e servizo de cafetería, terraza e restaurante, prolongarase do 30 de setembro ao 10 de marzo de 2021. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, explica que “unha vez concluída a tempada deste atípico verán, pensamos que a mellor solución pasa por pechar durante uns meses as nosas instalacións. O covid-19 está marcando as nosas vidas e o futuro dos nosos negocios. Por iso é polo que pensemos que o mellor para todos é esta clausura temporal”, explica.

Hermida engade que “volveremos con enerxías renovadas e co obxectivo de seguir facendo o noso traballo da mellor forma posible. Esperamos que no 2021 mellore a situación, en liñas xerais, e que hoteis e restaurante podamos traballar máis e mellor que este ano”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...