IniciosociedadeAdamo comeza os traballos para implantar fibra óptica en Cervo e San...

Adamo comeza os traballos para implantar fibra óptica en Cervo e San Cibrao

O Concello e a marca asinaron un convenio de colaboración para a implantación do servizo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo e a operadora Adamo veñen de formalizar un convenio de colaboración para implantar a fibra óptica coa velocidade máis rápida de España (1000 Mb) no municipio.

Os traballos de despregue xa comezaron no núcleo de Cervo e de San Cibrao –onde máis de 600 domicilios xa poderían desfrutar do servizo-; pero a intención é que a banda longa chegue ao máximo número de veciños posible, con especial atención á zona rural.

Tal e como precisou o rexedor, o popular Alfonso Villares, durante a sinatura do convenio co responsable de Adamo Zona Norte, David Llano, na que tamén estivo presente a edil de Educación, Dolores García Caramés, “a chegada deste operador abre o abano de posibilidades á nosa veciñanza e suporá un importante salto cualitativo na capacidade e na velocidade de acceso a Internet dos fogares cervenses, como servizo clave para o desenvolvemento social e empresarial da zona nun intre no que a conexión a internet é, ademais, algo esencial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...