IniciosociedadeO parque anexo á residencia de Burela é propiedade da Xunta, que...

O parque anexo á residencia de Burela é propiedade da Xunta, que pediu o proxecto para a ampliación

O Goberno autonómico di que esta circunstancia "axilizará os trámites" para o acondicionamento do espazo, onde se levantará un patio exterior para facilitar as saídas dos residentes do xeriátrico

Publicada o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, confirmou que a Consellería de Política Social acondicionará o patio exterior da residencia de Burela para uso exclusivo dos residentes deste centro de atención e coidado a persoas maiores. Trátase dunha petición formulada polos usuarios e familiares do xeriátrico que, na actualidade, carece nas súas instalacións dun espazo descuberto que poida aproveitarse con esta fin. As familias recolleron un milleiro de sinaturas para desbloquear unha situación que se discutiu no pleno de Burela a petición do BNG e que o PSdeG-PSOE levará ao Parlamento galego.

A Consellería de Política Social, que oferta nesta residencia 88 prazas58 para persoas autónomas e 30 en situación de dependencia– e 20 no centro de día, verificou que ese espazo contiguo ás instalacións da residencia, emprazado na rúa Pardo Bazán, é de titularidade autonómica, tal e como adiantou o alcalde, Alfredo Llano, na sesión plenaria. Esta circunstancia, engadiu Arias, “permite axilizar os trámites necesarios para facer realidade esta obra, pois non será necesario solicitar a cesión a outras Administracións”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo confirmou, así mesmo, que o Goberno galego “xa encargou o proxecto técnico no que se definirán as características do peche deste espazo, que aspira a converterse no novo patio exterior da residencia, información que trasladou aos residentes e familiares do centro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...