IniciosociedadeViveiro retirou este ano dos cascos 214 parellas reprodutoras de gaivota, 28...

Viveiro retirou este ano dos cascos 214 parellas reprodutoras de gaivota, 28 máis

A campaña do goberno local, de maio a agosto, supuxo a retirada de 341 niños, nos que se encontraron 576 ovos e 116 polos, atendendo un total de 162 reclamacións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro prestou por segundo ano o servizo de control da gaivota patiamarela no municipio, que tivo lugar entre o 18 de maio e o 31 de agosto, coincidindo coa temporada de cría. A campaña, expuxo o goberno local a través dun comunicado de prensa, supuxo a retirada de 341 niños, nos que se encontraron 576 ovos e 116 polos, atendendo un total de 162 reclamacións doutros tantos veciños.

O executivo municipal explica que “a presente campaña de control de gaivotas deu comezo cun leve retraso con respecto ao previsto, debido á situación establecida no seu momento pola pandemia do Covid-19“.

“Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos da Xunta de Galicia para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmo, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións”, expón o goberno viveirense, que engade que “grazas á gran colaboración prestada por parte dos veciños de Viveiro, conseguiuse realizar un servizo efectivo dentro dos tres cascos urbanos que compoñen o municipio, atendendo un total de 162 reclamacións doutros tantos veciños”.

Como no ano anterior, indica a nota, “a zona máis afectada atópase no casco antigo de Viveiro, seguida de Celeiro e, en menor medida, na zona de Covas“.

CATRO UNIDADES DE CRÍA IMPOSIBLES DE RETIRAR

No estudo final confirmouse que a problemática xerada por esta especie na anterior campaña “persiste no tempo”, remarca o Concello, “cun aumento no total de parellas reprodutoras atopadas no entorno urbano, chegando ás 218 localizadas, das cales se interviu a 214, xa que nalgúns casos foi imposible ao non ter acceso ás zonas de nidificación“.

“Comprobouse, ademais, que o servizo xa obtivo resultados en canto á realización de segundas e terceiras postas por parte desta especie, confirmando un descenso das mesmas, xa que na comparativa co ano 2019 se observa que, aínda realizando o control sobre máis parellas no presente ano, obtívéronse un número similar de niños, ovos e polos ou incluso menor nalgúns casos”, apunta o goberno local.

2019 2020
186 parellas intervidas 214 parellas intervidas
354 niños retirados 341 niños retirados
550 ovos retirados 576 ovos retirados
166 polos retirados 116 polos retirados

 

DEZ NIÑOS NUNHA SOA VIVENDA DE CELEIRO

Finalmente, conclúe o Concello, “cabe sinalar que este ano se retiraron 694 quilos dos materiais cos que fixeron os niños nos tellados e que o récord en niños atopados nun só tellado está nunha vivenda de Celeiro, con dez niños“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...