IniciosociedadeRetoman as obras de remodelación da rúa San Roque en Ribadeo

Retoman as obras de remodelación da rúa San Roque en Ribadeo

A segunda fase dos traballos, nos que se renovará o firme e se instalará mobiliario novo, provocará restricións no tráfico

Publicada o

- Advertisement -

A segunda fase das obras de remodelación da rúa San Roque de Ribadeo está en marcha. Os traballos consistirán na renovación do firme da calzada e das beirarrúas onde se substituirán as acometidas de saneamento, abastacemento de auga, telefonía, alumeado ou electricidade. Ademais, instalarase mobiliario urbano novo.

TRÁFICO

As actuacións provocarán restricións no tráfico durante os próximos meses. A policía local habilitou itinerarios alternativos cos que se agarda paliar as limitacións á circulación de vehículos na zona en obras, entre a rúa Vilalba e a rúa das Picarolas.  Segundo as previsións do concello, os traballos prolongaranse ata comezos do vindeiro ano.

REVITALIZACIÓN DA ZONA

As obras completarán a remodelación dunha das rúas máis recoñecibles da localidade polas  súas mostras de arquitectura indiana. Unha atmosfera que pretende reforzarse con modificacións como a ampliación das beirarrúas.

ORZAMENTO

O alcade de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que, unha vez concluída, a renovación pode supoñer un “certo impulso” para a zona,  que tivo sempre unha importante proxección comercial aínda que, dixo, “nestes últimos anos estaba amosando síntomas de ter un certo baixón”. O concello investirá na reforma da rúa, executada pola empresa Copcisa, un total de 450.000 euros de fondos propios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...