O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 642, doce máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 22 altas e faleceu unha persoa, un home de 65 anos que ficaba no HULA, polo que se localizaron 35 positivos novos.
Dos 642 contaxiados, 45 permanecen ingresados, 29 no HULA -entre eles os sete pacientes da área lucense que precisan coidados intensivos e 9 no Polusa. A Mariña segue sen hospitalizados Covid-19. Un total de 597 pacientes son atendidos nos seus domicilios.
No histórico da provincia documentáronse 85 falecementos, con 2.355 altas e 3.082 casos acumulados.
CENTROS EDUCATIVOS
O número de positivos nos centros educativos da Mariña é de dous, un no Ceip Fondo Nois (Foz) e outro no CPR Sagrado Corazón (Ribadeo).

RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:
MAIORES
57 Residencia O Incio (O Incio)
131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
TRABALLADORES
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
35 Residencia O Incio (O Incio)
24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral de Fudace (Castro de Rei)
1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)
727 FALECEMENTOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.449 (tres menos ca onte); deles 1.077 son da área da Coruña, 642 da de Lugo, 689 da de Ourense, 810 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 555 da de Santiago, e 164 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 35 están en Uci, 201 en unidades de hospitalización e 4.213 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.071 persoas curadas, rexistrándose 727 falecementos. O número de PCR realizadas é de 459.234.