IniciosociedadeO IES de Foz coñece boas prácticas no berce da alta gastronomía

O IES de Foz coñece boas prácticas no berce da alta gastronomía

Dous docentes do centro visitaron institutos franceses da rama da hostelería a través dunha beca Erasmus+

Publicada o

- Advertisement -

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo, Javier Suárez, estiveron durante catro días en dous institutos da rama de hostalería de París, onde coñeceron as súas instalacións e o funcionamento deses centros.

Os representantes do centro mariñao, que imparte unha ampla oferta formativa de ciclos medios e superiores de cociña e restauración, puideron coñecer de cerca o funcionamento do sistema educativo francés neste eido.

No instituto Lycée Guillaume Tirel, onde se reuniron co inspector educativo de Formación Profesional, Francis Sellam, e visitaron o Casnav, onde se integran os alumnos non escolarizados en centros franceses e alumnado estranxeiro en tránsito. Ademais comprobaron o funcionamento da orientación escolar.

A experiencia, para familiarizarse con boas prácticas noutros países, desenvolveuse no marco do programa Erasmus+ concedido ao IES de Foz en xuño

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...