InicioEconomíaViveiro acepta 188 das 363 peticións de axudas a empresas e autónomos...

Viveiro acepta 188 das 363 peticións de axudas a empresas e autónomos que pararon pola Covid-19

Un total de 77 solicitudes foron desbotadas e 98 carecen de toda a documentación, polo que terán dez días de prazo para presentar o necesario

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informou da publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal do listado elaborado pola comisión de valoración, previo á elaboración da proposta de acordo de resolución, con respecto ás solicitudes presentadas para a Liña de axudas a autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais, cofinanciadas co Plan Único 2020 da Deputación de Lugo e froito dun acordo entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro.

Este listado inclúe unha relación coas 188 solicitudes completas que cumpren os requisitos establecidos nas bases, segundo expón o goberno municipal.

Inclúe tamén outra relación coas 77 peticións que non cumpren os requisitos establecidos nas bases, indicando o motivo da exclusión. Ás solicitudes referidas neste punto que non cumpren cos requisitos establecidos nas bases outórgaselles o prazo de dez días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiros de edictos dixital.

Finalmente, inclúe unha relación coas 98 solicitudes que non achegaron a totalidade da documentación requirida no punto 9 das bases. Estas empresas ou autónomos terán o prazo de dez días hábiles para que ofrecer os documentos necesarios. O prazo de subsanación e alegacións empezará a computar a partir do día seguinte á publicación no taboleiro de edictos dixital.

Podes consultar a lista de axudas admitidas e desbotadas no seguinte pdf: Relación axudas Viveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...