IniciosociedadeVintetrés casos novos na provincia e 25 curados, para 537 positivos; alta...

Vintetrés casos novos na provincia e 25 curados, para 537 positivos; alta para o alumno contaxiado en Ribadeo

Non hai ingresados con Covid-19 no Hospital da Mariña nin tampouco se documentaron máis contaxios nas residencias

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 537, dous menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse un total de 25 altas, polo que o número de positivos novos é de 23.

Dos 537 contaxiados, 35 permanecen ingresados. Trinta e un -entre eles os cinco pacientes da área lucense que precisan coidados intensivos– fican no HULA, mentres que outros catro doentes son atendidos no Polusa. Os hospitais da Mariña e Monforte de Lemos non teñen neste momento ningún paciente hospitalizado por Covid-19. Un total de 502 persoas infectadas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 88 falecementos, con 2.525 altas e 3.150 casos acumulados.

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

48 Residencia O Incio (O Incio)
132 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
35 Residencia O Incio (O Incio)
24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos, na Mariña danse dous positivos; no Ceip O Cantel, no Ceip Fondo Nois, ambos en Foz. O Sergas non inclúe o caso documentado días atrás no CPR Sagrado Corazón de Ribadeo. Podes consultar os datos do resto da provincia e de Galicia neste pdf. 20200930 Actualizacion Escolas Infantis Centros Educativos

740 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.251, deles 975 son da área da Coruña, 537 da de Lugo, 765 da de Ourense, 786 da de Pontevedra, 503 da área de Vigo, 537 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 27 están en Uci, 210 en unidades de hospitalización e 4.014 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.949 persoas curadas, rexistrándose 740 falecementos. O número de PCR realizadas é de 479.922.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...