IniciosociedadeÁlex deixa ventos de 132,2 km/h en Viveiro e este venres manterá...

Álex deixa ventos de 132,2 km/h en Viveiro e este venres manterá activa a alerta laranxa na Mariña

Agárdase temporal costeiro con mar combinado do noroeste, con ondas de cinco a seis metros

Publicada o

- Advertisement -
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro na costa da Coruña e na Mariña Lucense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo a primeiras horas da tarde de mañá ata a madrugada do sábado no noroeste e oeste do litoral da Coruña e na Mariña lucense, por mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

Na noite deste xoves, a borrasca Álex, o primeiro temporal do outono, xa se deixou sentir na Mariña, con ventos de 132,2 quilómetros por hora (km/h) en Penedo do Galo (Viveiro), un refacho rexistrado ás 21.00 horas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos Concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...