IniciosociedadeRibadeo iniciará en xaneiro a reforma da praza de abastos, cun investimento...

Ribadeo iniciará en xaneiro a reforma da praza de abastos, cun investimento de case 60.000 euros

O Concello quita a concurso as obras, que consistirán na renovación do pavimento e aseos, na colocación de luminarias LED, na mellora da rede de saneamento e a sinalización interior

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo saca a licitación as obras de rehabilitación e reforma interior da praza de abastos, que suporán un investimento de preto de 60.000 euros, financiados con fondos propios e cunha achega xestionada ante o Agader. As empresas interesadas dispoñen de 20 días para presentar as súas ofertas.

Segundo expuxo o concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso, “as obras van resolver tanto as necesidades de funcionamento fundamentais para o desenvolvemento das actividades, como os aspectos máis formais para adaptarse á normativa e permitir unha maior comodidade tanto dos praceiros como da clientela”.

“Pretendemos modernizar a imaxe da planta baixa da praza, co obxectivo de consolidar este espazo como referente de venda de produtos frescos e de calidade e atraer máis clientes. Buscamos facelo máis luminoso; parte dos traballos están enfocados á mellora de eficiencia enerxética, e das condicións de accesibilidade”, expuxo o edil.

Así, Vizoso concretou que “se vai renovar o pavimento e os aseos, para axeitalos á normativa de accesibilidade; vanse colocar novas luminarias LED, mellorarase a rede de saneamento e a sinalización interior, para identificar os establecementos alí ubicados”, concluíu.

A obra realizarase integramente no 2021, comezando en xaneiro, para reducir os prexuízos económicos nos derradeiros meses deste ano, coa proximidade do Nadal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...