O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 526, dous máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 23 positivos novos na área lucense e déronse 21 altas, sen que se produciran falecementos.
Das 526 persoas contaxiadas, 27 están ingresadas: unha delas en Monforte, catro no Polusa e 22 no HULA. No Hospital Universitario Lucus Augusti permanecen os cinco doentes da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos. Un total de 499 infectados pasan a corentena nos domicilios.
No histórico da provincia documéntanse 89 falecementos, con 2.578 altas e 3.193 casos acumulados.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:
MAIORES
48 Residencia O Incio
131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
TRABALLADORES
1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá)
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
21 Residencia O Incio
22 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)
CENTROS EDUCATIVOS
O Sergas informa de dous casos, localizados días atrás, nos centros educativos da comarca, no Ceip Fondo Nois e no Ceip O Cantel, ambos en Foz.
CASE 750 FALECEMENTOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203 (56 menos); deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 36 están en Uci, 207 en unidades de hospitalización e 3.960 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas, rexistrándose 749 falecementos. O número de PCR realizadas é de 492.648.
