IniciosociedadeDezanove positivos novos e 42 altas na provincia; o Hospital da Mariña...

Dezanove positivos novos e 42 altas na provincia; o Hospital da Mariña atende un paciente Covid-19

Non se localizaron máis casos nin nas residencias nin nos centros educativos da comarca

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 503, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 42 altas e localizáronse 19 positivos novos.

Dos 503 contaxiados, 27 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña, tras varios días sen pacientes Covid-19, volve acoller un doente coa enfermidade; hai outra persoa infectada en Monforte, 4 no Polusa e 21 no HULA, entre elas os cinco da área sanitaria lucense que precisan de coidados intensivos.

No histórico da provincia documéntanse 89 falecementos, 2.620 altas e 3.212 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

42 Residencia O Incio

131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

20 Residencia O Incio

21 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

O Sergas informa de dous casos, localizados días atrás, nos centros educativos da comarca, no Ceip Fondo Nois e no Ceip O Cantel, ambos en Foz. Podes acceder a todos os datos, a nivel provincial e galego, neste pdf. 20201003DatosEscolasInfantisCentrosEducativos

GALICIA SUPERA OS 750 FALECEMENTOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.092 (111 menos); deles 848 son da área da Coruña, 503 da de Lugo, 891 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 460 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 121 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en Uci, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 751 falecementos. O número de PCR realizadas é de 499.201.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...