IniciosociedadeDezaseis positivos novos e 25 altas na provincia, cun único paciente Covid-19...

Dezaseis positivos novos e 25 altas na provincia, cun único paciente Covid-19 no Hospital da Mariña

O falecemento, o pasado sábado, dun home de 93 anos no HULA eleva a 90 as vítimas mortais do coronavirus na provincia

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 493, dez menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 25 altas, con 16 positivos novos e un falecemento, onte, o dun home de 93 anos que estaba ingresado no HULA.

Dos 493 contaxiados, hai 29 ingresados. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19, outro o centro hospitalario de Monforte e tres o Polusa. Os restantes 24 doentes fican no HULA, entre eles os cinco da área lucense que precisan de coidados intensivos. Un total de 464 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 90 mortes, con 2.645 altas e 3.228 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

42 Residencia O Incio

131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

20 Residencia O Incio

21 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

755 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.038 (54 menos ca onte); deles 819 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 946 da de Ourense, 689 da de Pontevedra, 445 da área de Vigo, 530 da de Santiago, e 116 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en Uci, 192 en unidades de hospitalización e 3.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.981 persoas curadas, rexistrándose 755 falecementos. O último falecemento corresponde a unha muller de 83 anos, que estaba ingresada no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e tiña patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 504.922.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...