IniciosociedadeRepunta dos ingresos por Covid-19 na provincia, con 34 hospitalizados, un deles...

Repunta dos ingresos por Covid-19 na provincia, con 34 hospitalizados, un deles na Mariña

Nas últimas 24 horas documentáronse trece positivos novos e once altas, para 495 contaxiados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 495, dous máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse trece positivos novos e déronse once altas. Non houbo falecementos na área lucense durante o mesmo período.

Tamén aumenta, de xeito máis significativo, a cantidade de contaxiados ingresados, con cinco máis para 34. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19 e o Polusa tres. Os 30 restantes permanecen no HULA, entre eles os cinco da área lucense que precisan coidados intensivos. Un total de 461 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 90 falecementos, 2.656 altas e 3.241 falecementos.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

42 Residencia O Incio

131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

20 Residencia O Incio

21 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

74 NOVOS CASOS EN GALICIA PARA 4.101

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.101, deles 820 son da área da Coruña, 495 da de Lugo, 1.037 da de Ourense, 685 da de Pontevedra, 419 da área de Vigo, 528 da de Santiago, e 117 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 204 en unidades de hospitalización e 3.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.170 persoas curadas, rexistrándose 757 falecementos. O número de PCR realizadas é de 511.007.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...