IniciosociedadeOnce positivos novos e 13 altas na provincia de Lugo, para 493...

Once positivos novos e 13 altas na provincia de Lugo, para 493 contaxiados

O Hospital Público da Mariña atende un dos 32 ingresados da área lucense; non se documentan máis casos na bisbarra nin nas residencias nin nos centros educativos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 493, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Nas últimas 24 horas documentáronse 11 positivos novos, con doce altas e un falecemento, o dunha muller de 77 anos falecida no HULA (procedente da residencia Domusvi Lugo-Outeiro de Rei).

Dos 493 positivos, 32 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19, o centro hospitalario de Monforte outro e o Polusa tamén un doente que padece o virus. Os restantes 29 fican no HULA, entre eles os cinco lucenses que precisan de coidados intensivos. Un total de 461 persoas pasan a corenta nos seus domicilios.

O número de falecementos ascende así a 91 desde o inicio da pandemia, e no histórico da provincia documéntanse 2.668 altas, con 3.252 positivos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

42 Residencia O Incio 

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá) 

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo) 

9 Residencia O Incio 

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei) 

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove) 

1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

O Sergas informa de dous casos, localizados días atrás, nos centros educativos da comarca, no Ceip Fondo Nois e no Ceip O Cantel, ambos en Foz. Podes acceder a todos os datos, a nivel provincial e galego, neste pdf. 20201005DatosEscolasInfantisCentrosEducativos

A CIFRA DE MORTES EN GALICIA AUMENTA A 765

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.119 (118 máis), deles 818 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 1.084 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 412 da área de Vigo, 527 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 199 en unidades de hospitalización e 3.885 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.344 persoas curadas, rexistrándose 765 falecementos, tras oito mortes no día de onte, entre elas a documentada en Lugo. O número de PCR realizadas é de 515.983.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...