O xoves volve a cita gastronómica habitual á Cidade do Landro, o Juepeo, segundo anunciou o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) a través dun comunicado de prensa. Casa Pepi, Cornelius, La Ría, Muro, Recuncho, Rincón do Tronco e Urban participarán na ruta de tapas coas súas receitas, a dous euros, durante os días 8, 15, 22 e 29 de outubro. Os establecementos participantes manterán todas as medidas de seguridade contra a Covid-19 para un desfrute seguro.
TARXETAS E DESCONTOS
Os clientes poderán participar no sorteo de tres tarxetas por valor de 100, 50 e 50 euros, ademais de descontos para acudir ao cinema por cinco euros durante a fin de semana. Con cada tapa, o consumidor recibirá un código para utilizar nunha app.