IniciosociedadeTrinta e cinco casos novos e 38 altas na provincia para 483...

Trinta e cinco casos novos e 38 altas na provincia para 483 contaxiados, un deles no Hospital da Mariña

Non se localizaron novos positivos nin nas residencias nin nos centros educativos da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 483, tres menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Con todo, documentáronse 35 positivos novos nas últimas 24 horas, período no que se deron 38 altas.

Dos 483 contaxiados, 29 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19, cando onte non rexistraba hospitalizacións; en Monforte fican dous doentes, un no Polusa e 25 no HULA, entre eles os cinco da área lucense que precisan coidados intensivos. Un total de 454 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da pandemia na provincia documéntanse 91 falecementos, 2.727 altas e 3.301 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove:

MAIORES

42 Residencia O Incio

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Non se detectan positivos nos centros educativos da Mariña despois das altas nos senllos casos do Ceip O Cantel e o Ceip Fondo Nois, ambos de Foz.

15 CASOS MÁIS EN GALICIA PARA 4.083, CON 774 FALECEMENTOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.083 (15 máis ca na anterior actualización); deles 784 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.148 da de Ourense, 613 da de Pontevedra, 408 da área de Vigo, 545 da de Santiago, e 102 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en Uci, 187 en unidades de hospitalización e 3.861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.860 persoas curadas, rexistrándose 774 falecementos. O número de PCR realizadas é de 531.410.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...