IniciosociedadePequena repunta dos positivos na provincia, con oito altas e 19 casos...

Pequena repunta dos positivos na provincia, con oito altas e 19 casos novos

O Hospital Público da Mariña atende a un único paciente Covid-19; non se documentaron contaxios novos nin nas residencias nin nos centros educativos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 494, once máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse oito altas e producíronse 19 positivos novos.

Dos 494 contaxiados, 31 están ingresados. Un paciente é atendido no Hospital Público da Mariña, dous en Monforte, outro no Polusa e os 27 restantes no no HULA, entre eles os cinco doentes da área lucense que requiren de coidados intensivos. Un total de 463 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 91 falecementos, 2.735 altas e 3.320 positivos acumulados desde o inicio da pandemia.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove:

MAIORES

42 Residencia O Incio

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Non se detectan positivos nos centros educativos da Mariña despois das altas nos senllos casos do Ceip O Cantel e o Ceip Fondo Nois, ambos de Foz.

4.264 POSITIVOS EN GALICIA, 181 MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264 (181 máis ca na anterior actualización); deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 776 falecementos. O número de PCR realizadas é de 537.192.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...