Todos os concellos da Mariña están no “nivel 0” de alerta, con menos de sete casos novos na última semana

Os positivos activos na provincia baixan a 466 polo elevado número de altas, pero nas últimas 24 horas localizáronse outros 38 contaxios

Mapa de alerta da Covid-19. XUNTA

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 466, 28 menos ca na anterior actualización, segundo os datos ofrecidos polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse un total de 38 casos novos, mentres que o número de altas foi significativo, de 66.

A cantidade de persoas ingresadas tamén decrece, para un total de 25, cinco deles na Uci -todos no HULA-. O Hospital Universitario Lucus Augusti atende outros 16 pacientes, o Hospital Público da Mariña un, Monforte dous e o Polusa outro, todos en planta. Todos os municipios da comarca están no “nivel 0” da Xunta, que segue sen comunicar os positivos por cada municipio, pero que elabora agora un mapa que permite saber que non hai ningún concello da comarca que teña 14 positivos ou máis localizados nas últimas dúas semanas, tampouco sete nos últimos sete días. Un total de 441 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias,  danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove:

MAIORES

1 Apartamentos tutelados O Incio 

42 Residencia O Incio   

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei) 

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)   

9 Residencia O Incio   

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)   

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove) 

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) 

CENTROS EDUCATIVOS

Non se detectan positivos nos centros educativos da Mariña despois das altas nos senllos casos do Ceip O Cantel e o Ceip Fondo Nois, ambos de Foz.

4.358 POSITIVOS EN GALICIA, 94 MÁIS CA ONTE

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 (94 máis); deles 747 son da área da Coruña, 466 da de Lugo, 1.474 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 435 da área de Vigo, 581 da de Santiago e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en Uci, 175 en unidades de hospitalización e 4.146 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.425 persoas curadas, rexistrándose 780 falecementos. O número de PCR realizadas é de 543.138.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here