IniciosociedadeBurela incorpora unha asesora xurídica e un mediador intercultural para atender os...

Burela incorpora unha asesora xurídica e un mediador intercultural para atender os migrantes

O Concello realizou xuntanzas con responsables dalgúns centros educativos como o Ceip Vista Alegre ou o IES Monte Castelo para abordar problemáticas relativas ao ensino

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela incorpora ao Programa de Atención a Inmigrantes a unha asesora xurídica e a un mediador intercultural.

A edil responsable da área, Noelia María Ben, explica que “a asesora xurídica ocuparase da atención técnica especializada no ámbito de estranxeiría e o mediador intercultural que traballará en coordinación con diferentes entidades e colectivos de ámbito social, educativo, sanitario ou cultural da localidade”.

A concelleira, a asesora xurídica e o mediador intercultural están a manter encontros con diferentes colectivos “para abordar as necesidades existentes e programar as actuacións que se poderán levar a cabo”. As últimas xuntanzas tiveron lugar con responsables dalgúns centros de ensino como o Ceip Vista Alegre e o IES Monte Castelo”.

Estas incorporacións de persoal ao Programa de Atención a Inmigrantes son cofinanciadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...