IniciosociedadeFoz activa unha campaña para apoiar o comercio local e fincar o...

Foz activa unha campaña para apoiar o comercio local e fincar o municipio como zona de residencia e turismo

As actividades buscan "reactivar" o concello en todos os ámbitos: cultural, social e económico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello focense presenta imPULSA FOZ, unha campaña nova que busca reactivar o municipio en todos os ámbitos: cultural e económico, pero tamén anímico e social. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro Chema Linares; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, José Carlos Paleo.

O rexedor municipal explica: “trátase de facer distintas iniciativas baixo un mesmo paraugas, transmitindo positividade. Dentro dun contexto moi complicado de pandemia do Covid-19 todas e todos tivemos que aprender a convivir co virus e a ser responsables da nosa saúde, a título individual pero tamén colectivo. Foz foi sempre tradicionalmente un concello moi activo e non queremos en ningún caso que se perda esa pulsión; é por iso que presentamos esta campaña, na que un dos obxectivos principais é apoiar ao comercio local e ao sector da hostalería, que non están a pasar por un bo momento”, remarca.

CULTURA

O alcalde relaciona as distintas liñas que se programan, con actividades que nalgún caso xa están a comezar e noutros atópanse nunha fase inicial de desenvolvemento. No tocante ao ámbito da cultura, celebrarase un programa de teatro e distintas actividades nun momento difícil para o sector, co obxectivo de promover a cultura e os desprazamentos a Foz en tempada baixa de turismo. Potenciarase a tradicional programación cultural con “accións novas”, expón o executivo municipal.

SAÚDE

No tocante á saúde, o plan comprende potenciar o ciclo de conferencias grazas á colaboración do Hospital da Costa e da súa xerente, María José Cortés. “Trátase de ofrecer información útil e veraz a veciñas e veciños sobre distintos problemas de saúde. Este ano enfocarase tamén á grave pandemia mundial que estamos a padecer”, sinala o executivo municipal.

SENDEIRISMO

No relativo ao lecer, o plan implica “a posta en valor dos atractivos e actividades lúdicas que podemos realizar no noso concello, incidindo na práctica de deporte e roteiros ao aire libre. Haberá propostas e colaboracións para facer máis ameno o tempo libre nun momento en que o ocio está a cambiar”, sostén o goberno municipal.

PROMOCIÓN DOS NEGOCIOS

Ademais, realizaranse “campañas de promoción do noso comercio local, con distintas accións que animen a todas as veciñas, veciños e visitantes a mercar no comercio de proximidade, con regalos e sorpresas”.

O CENSO AUMENTOU EN 185 HABITANTES

Linares constatou “un aumento de poboación moi importante desde xaneiro, a pesar do grave problema de Alcoa, aumentando o censo en 185 habitantes“. A campaña imPULSA FOZ “contará cunha importante promoción neste sentido, poñendo en valor un Foz que é moi posible: incidindo na nosa vila como sitio idóneo para teletraballar e que se converta en lugar de residencia para xoves e novas familias”, destacou Fran Cajoto.

O presidente de ACIA Foz comentou: “agradecemos esta iniciativa, que pon en valor o pobo. O traballo en equipo e a colaboración entre a Administración e distintos colectivos xeran un dinamismo atractivo, cultural, deportivo, económico e social. É o camiño para fortalecerse nas situacións nas que nos atopamos neste momento e as que van a chegar, loitando por un mesmo obxectivo local e comarcal”, finalizou Paleo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...