A alerta amarela obriga a cambiar a Queima dos Fornos á noite do domingo

A previsión de fortes ventos e chuvias desaconsella celebrar o espectáculo pirotécnico na madrugada do sábado

Queima dos Fornos. CELA/CONCELLO DA PONTENOVA

A comisión de festas das patronais da Pontenova decidiu aprazar polas condicións meteorolóxicas a vixésimo primeira edición da Queima dos Fornos, prevista para a madrugada do sábado ao domingo.

Coa Mariña Lucense en alerta amarela, con previsión de fortes ventos e chuvias, as condicións de prevención obrigaron á organización a cambiar o espectáculo pirotécnico para o domingo 14, ás 23.45 horas.

PASADO INDUSTRIAL

O acto volve facer fumear os vellos fornos de calcinación en torno aos que se construíu a vila a comezos do século pasado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here