O número de casos activos de coronavirus baixa a 467, oito menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 16 positivos novos e o municipio de Viveiro pasou a estar en alerta de nivel 1, con entre 7 e 14 contaxios nos últimos sete días -a Consellería de Sanidade segue sen dar cifras concello por concello-.
Dos 467 lucenses contaxiados, 30 permanecen ingresados. Deste total, 27 pacientes permanecen no HULA, entre eles os seis doentes da área sanitaria que precisan coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña atende unha persoa infectada de Covid-19, ao igual que o centro hospitalario de Monforte e o Polusa, privado.
No histórico da provincia documéntanse 91 falecementos, 2.916 altas e 3.474 contaxiados.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, localizouse nas últimas 24 horas un caso entre o persoal do xeriátrico DomusVi de Viveiro, segundo confirma a Consellería de Política Social.
MAIORES
1 Residencia O Incio
129 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
TRABALLADORES
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
9 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)
CENTROS EDUCATIVOS
Nos centros educativos da Mariña non se documentan casos de Covid-19, segundo o reconto da Consellería de Educación, que podes consultar neste pdf. 20201015DatosEscolasInfantisCentrosEducativos
803 FALECEMENTOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.569 (32 menos), deles 770 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 1.592 da de Ourense, 419 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 639 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.
Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Val de Monterrei —muller, 88 anos, patoloxías previas—.
Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 4.304 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.550 persoas curadas, rexistrándose 803 falecementos. O número de PCR realizadas é de 566.061.