IniciosociedadeLoureiro pide audiencia á Xunta para abordar a creación dun terceiro xulgado...

Loureiro pide audiencia á Xunta para abordar a creación dun terceiro xulgado en Viveiro

A alcaldesa sinala que se trata dunha "necesidade" ante a "elevadísima carga de traballo" que soporta o persoal, un 61% máis na xurisdición civil do que pode abranguer

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa viveirense, María Loureiro García, solicitou unha reunión co director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, e outra co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, para falar sobre o problema existente de sobrecarga de traballo nos xulgados de Viveiro co fin de solventar esta “grave situación”, segundo expuxo o goberno municipal a través dun comunicado.

Nos escritos remitidos solicitando estas xuntazas, faise referencia á “elevadísima carga de traballo que veñen sufrindo os Xulgados de Viveiro, constatada polas inspeccións realizadas, que está a afectar aos máis de 45.000 mariñaos que dependen do mesmo”.

Ademais de a Viveiro, a sala atende causas dos municipios de OurolO VicedoViveiroXoveCervoBurela e Foz.

COLAPSO QUE SE “PROLONGA NO TEMPO”

“Trátase dunha situación que se vén prolongando no tempo e que trae graves consecuencias para os veciños e veciñas, que sofren a demora na tramitación dos distintos expedientes xudiciais”, advirte a alcaldesa.

“O Concello de Viveiro, así como os traballadores e traballadoras do xulgado, levan anos demandando a creación dun terceiro xulgado neste partido xudicial, que debe considerarse como unha necesidade urxente ante este exceso de traballo acreditado polo Consello Xeral do Poder Xudicial“, remarca Loureiro. “Precisamente, tendo en conta que o problema de espazo era un dos problemas para a creación deste terceiro xulgado, o goberno local xa cedeu o edificio contiguo para este fin”, engade.

“Na xurisdición civil, os Xulgados de Viveiro superan nun 61% os módulos aprobados polo Ministerio de Xustiza e do Consello Xeral do Poder Xudicial, tal e como consta nos seus propios informes; na xurisdición penal logrouse reducir a pendencia en Viveiro polo enorme sobreesforzo do persoal xudicial; e en materia civil, aínda así, está a resultar imposible tendo en conta a tendencia ascendente das demandas que entran nos xulgados nunha soa anualidade”, salienta a rexedora viveirense.

A ALCALDESA LEMBRA QUE A XUNTA DISPÓN DE LOCAIS PARA AMPLIAR O SERVIZO

“Cabe lembrar que este Concello realizou as xestións oportunas para a formalización da cesión de uso gratuíto de varios locais de titularidade municipal para a ampliación dos xulgados de Viveiro e a creación dun terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrución a favor da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o acordo adoptado polo Pleno da Corporación de data 4 de novembro de 2015, a proposta do grupo municipal do PSOE, presidido naquel momento polo anterior alcalde, Melchor Roel Rivas“, sinala Loureiro, que concreta que “despois dunha longa tramitación, o expediente de cesión xa está concluído e a Xunta de Galicia xa dispón dos locais cedidos, que permitirían mellorar e ampliar as instalacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...