IniciosociedadeSegue en aumento o número de casos de Covid-19 na provincia, con...

Segue en aumento o número de casos de Covid-19 na provincia, con outros 41 positivos novos

Dos 483 contaxiados na área lucense 22 permanecen ingresados, un deles no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -
O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 483, 33 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 41 positivos novos, sen que se produciran novas mortes. Dos 483 contaxiados, 22 permanecen ingresados: 20 son atendidos no HULA, entre eles os tres pacientes da área lucense que requiren de coidados intensivos; o Hospital Público da Mariña e o centro hospitalario de Monforte atenden a cadanseu doente Covid-19. No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, 3.035 altas e 3.610 infeccións acumuladas desde o inicio da pandemia. O número de PCR realizadas é de 68.842. Polo de agora, o concello de Viveiro é o único da comarca en alerta amarela -a de menor grao de circulación do virus-.

RESIDENCIAS

Nas residencias da Mariña contabilízase un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico DomusVi de Viveiro.

MAIORES

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

2 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

GALICIA SUPERA OS 5.100 CASOS, CON 822 MORTES

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.101 (169 máis); deles 852 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.516 da de Ourense, 475 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 762 da de Santiago, e 222 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en Uci, 266 en unidades de hospitalización e 4.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.578 persoas curadas, rexistrándose 822 falecementos. O número de PCR realizadas é de 592.162.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...