IniciosociedadeCatorce locais de hostalería de Mondoñedo participan nun receitario de Faba Verdina

Catorce locais de hostalería de Mondoñedo participan nun receitario de Faba Verdina

Concello e produtores queren demostrar as posibilidades na cociña caseira desta legume gourmet

Publicada o

- Advertisement -

Catorce locais de hostalería de Mondoñedo participan nun receitario que, co patrocinio do Concello, recolle propostas con faba verdina, dende guisos lentos de pucheiro ata salpicóns ou tortillas. O libro de receitas responde a un dos obxectivos, amosar as posibilidades culinarias deste produto, tanto do goberno local como da Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, con sé cidade episcopal.

O receitario, que leva por título: ‘Libro de receitas. I Xornadas gastronómicas da faba verdina de Galicia‘, é un resumo das propostas da primeira exaltación culinaria do produto, celebrada en novembro do ano pasado.

O Bar Amanecer ofrecerá os segredos das Fabas con cogomelos cantarelos; Restaurante Padornelo optou pola Verdina en salpicón; a Taberna do Valeco, por Verdina con xabaril; o Café Vinoteca Segundo (Centro Social) aposta por Verdina con luras na súa tinta; A Taberna da Galiana propón Fabada de verdina; mentres que A Bodeguiña desvelará a receita Ms. Beans. Tortilla de verdinas.

Pola súa banda, O Petisco Viñoteca decántase por Verdina con xabaril á cazadora; Bar o Rincón, polas Verdinas con ameixas; Bar o Porriño inclínase por Verdinas con bacallau; Bar Castro elixe Fabas con bacallau e gambas; Bar A Tasca opta por Verdinas con sepia; Bodegón a Catedral explica como se fai a Verdina con poldro; Bar O Pasatempo amosará outra versión das Fabas con ameixas; O Palique ensina como son as Verdinas con gulas e gambas.

Capa do receitario. AXM

XORNADAS

As xornadas, que naceron con vocación anual, e o libro de receitas obedecen ao obxectivo común do Concello e da asociación de dar a coñecer un produto de gran calidade como é a faba verdina.

Concello e produtores queren demostrar co libro de receitas “que nin a elaboración da faba verdina é máis complicada que a doutras legumes nin é preciso recorrer sempre a asociala con marisco”. A asociación asegura que coa verdina acontece que “a súa consideración como alimento gourmet (algo un tanto insólito nunha legume) afástaa da cociña caseira, e fai que a súa elaboración quede reservada aos días de festa, ou que só se consuma cando se sae a comer fóra”, remarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...