IniciosociedadeCorenta e seis positivos novos en 24 horas na provincia, para un...

Corenta e seis positivos novos en 24 horas na provincia, para un total de 542 contaxiados

Dezasete pacientes permanecen ingresados, un deles no Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 542, 24 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 46 novos positivos, mentres que se deron 22 altas. Non houbo falecementos neste período.

Dos 542 contaxiados, 17 permanecen ingresados. O HULA atende 14 pacientes Covid-19, entre eles os tres da área lucense que requiren de coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña coida dun doente infectado, mentres que o centro hospitalario de Monforte ten dous. No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, 3.087 altas e 3.721 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, só se localiza un caso na Mariña, o dunha traballadora do xeriátrico DomusVi Viveiro.

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da comarca non se detectaron positivos, segundo o reconto do Sergas.

CASE 850 FALECEMENTOS EN GALICIA, CON 5.675 POSITIVOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.675 (218 máis), deles 911 son da área da Coruña, 542 da de Lugo, 1.489 da de Ourense, 564 da de Pontevedra, 995 da área de Vigo, 891 da de Santiago e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en Uci, 317 en unidades de hospitalización e 5.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.255 persoas curadas, rexistrándose 847 falecementos. O número de PCR realizadas é de 609.516.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...