IniciosociedadeO Concello pide á Xunta que inclúa o proxecto da depuradora de...

O Concello pide á Xunta que inclúa o proxecto da depuradora de Reinante nos destinatarios de fondos europeos

Ermida sinala que dividir o financiamento da obra en tres partes, como pretende o Goberno autonómico, "é inasumible para Barreiros"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, reuniuse este xoves co delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, para trasladarlle algunas das necesidades municipais e abordar a posibilidade de colaboración entre a Administración galega e a municipal en distintos ámbitos.

A rexedora barreirense trasladoulle a necesidade dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a zona de San Miguel de Reinante e deulle conta das xestións realizadas polo goberno municipal para acadar o financiamento necesario.

Nese sentido, Ermida insistiu en que “a regra dos terzos na achega”, proposta polo propio Goberno autonómico, que se comprometeu a financiar unha terceira parte das obras, a mesma cantidade que a Deputación Provincial de Lugo e o Concello, “é tratándose dun investimento tan importante inasumible para Barreiros”. O gasto total da EDAR suporía case catro millóns de euros, polo que o executivo local barreirense ofreceu a Augas de Galicia posibilidade de habilitar un sistema de humidais artificiais como alternativa.

Deste xeito, a alcaldesa solicitou que a Xunta inclúa o proxecto nos destinatarios de fondos europeos que se poidan recibir.

REFUXIO DE PEREGRINOS DE GONDÁN

Outra cuestión sobre a que falaron na xuntanza foi a situación do refuxio de peregrinos de Gondán e a posibilidade de intervención no mesmo coa vista posta no ano Xacobeo.  Neste sentido, a alcaldesa explicou que “existe un proxecto para o que se anunciara financiamento no seu momento por importe de 586.000 euros que, de poder desenvolverse, sería sen dúbida un importante impulso para o Camiño Norte e para a zona”.

Ademais destas cuestións, Ana Ermida manifestoulle a necesidade de contar con un centro de día para dar servizo á poboación barreirense e á posibilidade de retomar o convenio anunciado a principios do 2019 de humanización de rúas en San Cosme e San Miguel.
A alcaldesa agradece ao delegado a disposición amosada para afrontar as posibles solucións e agarda que “esta xuntanza sexa o inicio dunha senda de colaboración entre as dúas administración que redunde en beneficio para as veciñas e veciños de Barreiros.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...