IniciosociedadeEscaparate Xove nace con 55 empresas e un mapa de ata 26...

Escaparate Xove nace con 55 empresas e un mapa de ata 26 ofertas na web

O Concello puxo en marcha esta plataforma, que funcionará como un centro comercial unificado

Publicada o

- Advertisement -

Este venres saíu á luz Escaparate Xove, a plataforma dixital que expón a oferta empresarial do municipio e que funcionará como un centro comercial unificado. Un total de 55 empresas participan da web ofrecendo os seus produtos e servizos.

O Concello puxo en marcha esta iniciativa, que nace “para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización e as posibilidades que ofrece a dixitalización”, segundo expón o goberno local a través dun comunicado.

PODERASE ACTUALIZAR A DIARIO

“Será unha plataforma viva que cada empresa poderá actualizar a diario, e nela veremos os datos principais de cada negocio: o seu lema, a súa ubicación, como acceder ao servizo de venta en liña, entrega a domicilio, ofertas e promocións e se aceptan currículums vitae“, continúa o executivo municipal.

Os principais obxectivos, explica a a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove, Rosa Lage, son “amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado; impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet; facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego; e atraer a novas iniciativas empresariais”.

👉 Descubre la Peluqueria capylarys en Avenida Diputación, 29 en Xove! ✅ Años de experiencia y un montón de clientes y clientas satisfechas avalan nuestro saber hacer. 💇‍♀️💇💆‍♀️ Ofrecemos servicios de #corte, #peinado, #coloración, #maquillaje, #manicura y #pedicura semipermanente, #depilaciones y limpiezas de #cutis. Además de un #revolucionario tratamiento para conseguir alisados perfectos: la #taninoplastia 😍 Esperamos que disfrutes de nuestro video de presentación y que vengas a visitarnos. Puedes llamarnos al ☎️ 982 59 26 42 para tener más información o pedir tu cita. Síguenos en Instagram ➡️ aciamxove#comerciolocal #comercioseguro #aciamxove #escaparatedexove

Publicada por ACIAM XOVE en Viernes, 23 de octubre de 2020

Ademais, Escaparate de Xove ofrece un mapa de ofertas e promocións, todas as das empresas do municipio á vista nun único link. Así, parte cun total de 26: descontos e bonos de tratamentos de beleza; en alugueiro de carpas para celebracións; cestas de Nadal personalizadas; envíos gratuítos de compras en liña; descontos en actividades de formación; Eurovales, vales descontos e vales de 20 euros en roupa; ofertas de perruquería; cartas especiais de fin de semana en restaurantes; promoción de lavados de vehículos; descontos en combustibles; vehículos KM0; mobles; ofertas en supermercados; descontos en material escolar e libros; descontos en seguros médicos; seguros de vivenda; descontos en limpezas de portais; descontos en xerseis de inverno; ofertas de moldes de forno; flores artificiais; regalos de señalización rec flash; promocións de aloxamento de fin de semana son algunhas das propostas.

SERVIRÁ PARA “FACERNOS VER” NUN MOMENTO “COMPLEXO” POR ALCOA E A COVID, DIN DESDE A ACIAM

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais de Autónomos de Xove (Aciam), sinalan que agrupación ten unhas 90 empresas, polo que a participación é notable e “todos os negocios que queiran poderán estar no portal”, remarca o presidente da Aciam, Amador García, que agradece ao Concello “asumir esta iniciativa”.

“Estamos todo tipo de empresas do comercio local de Xove: perruquerías, tendas de roupa, de produtos alimenticios, talleres… Todo o que hai no municipio”, salienta o presidente do colectivo, que valora que na páxina “tamén hai unha parte turística na que amosamos os lugares máis visitados do concello”.

“Trátase de facernos ver nun momento que é complexo, tanto pola situación de Alcoa como pola Covid-19. O comercio local necesita de apoio e sen el o día de mañá non imos poder ter onde empregar os nosos fillos. Dependemos todos de todos”, salienta García.

Despois dalgúns anos “un pouco parada”, a Aciam tenta “reactivar o comercio local, a fin de posicionarnos. Temos unha grande unión entre todos”, salienta.

INSCRICIÓN ABERTA

A inscrición segue aberta no Concello de Xove. A lista de empresas participantes son as seguintes:

  1. O CAMILO CARPINTERÍA
  2. A BALEA VERDE-ACTIVIDADES DE OCIO
  3. ACOSTA MUEBLE
  4. ALUGUER DE VEHÍCULOS PARAÍSO
  5. AS NEREIDAS-ALUGUER VACACIONAL
  6. AUTOMÓVILES BANDO
  7. AUTOSERVIZO DE LAVANDERÍA MARIÑASEC
  8. BAR COCIÑA
  9. CAFÉ BAR O CABALIÑO DO MAR
  10. CARLOS PELUQUEROS UNISEX
  11. CARNICERÍA-CHARCUTERÍA J. ANTONIO
  12. CATYCRIS
  13. CENTRO DE FISIOTERAPIA XOVE
  14. CENTRO ÓPTICO XOVE
  15. COIDADOS LIMPEZA DE AXUDA NO FOGAR
  16. CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN
  17. COSNOR CORREDURÍA DE SEGUROS OFICINA XOVE
  18. CRISTALERÍA SAN CIPRIÁN
  19. EL RINCÓN DE LOS GRANDES
  20. EROSKI CITY
  21. ESTABLECIMIENTOS REY FERRETERÍA ALMACÉN CONSTRUCCIÓN
  22. ESTABLECIMENTOS REY-EXPOSICIÓN BAÑOS
  23. ESTACIÓN DE SERVICIO CAMBA
  24. ESTÉTICA MARTA
  25. FARMACIA ANA BOÑAR
  26. FERRETERÍA SUÁREZ ÓLIVER
  27. FIFA
  28. GRUPO ROMA
  29. HOSPEDERÍA DE TEIXIDE
  30. JOSÉ O PORTUGUÉS
  31. LAVANDERÍA-TINTORERÍA MARIÑASEC
  32. LIBRERÍA ESTANCO BASANTE
  33. LIMPEZAS SAN MARTIÑO
  34. LUGAR DAS MARÍAS*** HOSTAL
  35. LUGAR DAS MARÍAS CAFÉ-XARDÍN
  36. MAPFRE XOVE
  37. PANADERÍA MARAL
  38. MÁRMOLES A MARIÑA
  39. MERCERÍA ANTOLLO
  40. MUEBLES TOAL XOVE
  41. MULTICARPAS EIJO
  42. O ARMARIO DE XOVE
  43. PEIXERÍA BARREIRA
  44. PELUQUERÍA CAPYLARIS
  45. PELUQUERÍA EUGENIA
  46. PILAR CORGOS ACADEMIA
  47. PIZZERÍA ONDE SEMPRE
  48. RESTAURANTE CAFÉ BAR PEPE
  49. RESTAURANTE O REFUGIO
  50. SCHOOL OF ENGLISH
  51. SIGNO TALLER DEL RÓTULO
  52. SUÁREZ ÓLIVER TRANSPORTES SL
  53. TALLERES ARMANDO
  54. TALLERES PARAÍSO
  55. TRANSPORTES PARAÍSO

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...