IniciosociedadeConsulta as medidas adoptadas no novo estado de alarma, publicado no BOE

Consulta as medidas adoptadas no novo estado de alarma, publicado no BOE

O documento oficial recolle en 14 artigos as medidas xa avanzadas polo presidente do Goberno

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta tarde o real decreto polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación do coronavirus.

O BOE recolle en 14 artigos as medidas xa avanzadas polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, principalmente o toque de queda nocturno, nunha roda de prensa este mediodía e que poderían estenderse ata o 9 de maio.

Os presidentes autonómicos serán as autoridades competentes mentres dure o estado de alarma, e ademais o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que reúne a Ministerio de Sanidade e ás consellerías territoriais, encargaranse de ir modulando as medidas segundo a evolución da pandemia.

EXCEPCIÓNS

O BOE sinala que “durante o período comprendido entre as 23.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:

Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Repostaxe en estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos párrafos anteriores”.

MOBILIDADE ENTRE COMUNIDADES

Agrega o real decreto no que se refire á entrada e saída das comunidades que se restrinxe a entrada e saída de persoas do territorio de cada comunidade autónoma e de cada cidade con Estatuto de autonomía salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de repostaxe en territorios limítrofes.

Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariales.

Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

Realización de exames ou probas oficiais inaplazables.

Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada”.

DECIDIRÁN AS AUTONOMÍAS

Engade o BOE que “non estará sometida a restricción algunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulten de aplicación as limitacións previstas neste artigo”.

No artigo 9 sinala que esas medidas que afectan á entrada e saída dos territorios “serán eficaces no territorio de cada comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de autonomía cando a autoridade competente delegada respectiva o determine, á vista da evolución dos indicadores sanitarios, epidemiolóxicos, sociais, económicos e de mobilidade, previa comunicación ao Ministerio de Sanidade e de acordo co previsto no artigo 13. A eficacia da medida non poderá ser inferior a sete días naturais”.

FRONTEIRAS

Esa medida “non afecta ao réxime de fronteiras. Sen prexuízo do anterior, no caso de que dita medida afecte a un territorio con fronteira terrestre cun terceiro Estado, a autoridade competente delegada comunicarao con carácter previo ao Ministerio do Interior e ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación”.

No artigo 12 afírmase que “Cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente, así como a xestión dos seus servizos e do seu persoal, para adoptar as medidas que estime necesarias, sen prexuízo do establecido neste real decreto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...