IniciosociedadeFoz estuda coas peñas manter a tradición do Entroido pola vía audiovisual

Foz estuda coas peñas manter a tradición do Entroido pola vía audiovisual

Concello e grupos reúnense telematicamente para abordar unha celebración diferente a doutros anos pola Covid-19 e as restriccións adoptadas contra as aglomeracións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de Covid-19.

O alcalde focego, o socialista Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións”.

Reunión telemática entre o goberno local e as peñas. AXM

Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, “é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é un dos nosos principais sinais de identidade e un orgullo para todos os focegos”, concluíu o rexedor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...