IniciosociedadeViveiro pechará parques infantís e baños públicos municipais tras entrar o concello...

Viveiro pechará parques infantís e baños públicos municipais tras entrar o concello en alerta 2

O goberno local confirma que na pasada noite contábanse 20 positivos no municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro confirmou este luns que no municipio contabilizábanse na noite do pasado domingo 20 positivos de Covid-19. O goberno local avanzou que pechará desde as 8.00 horas do martes os parques infantís e os baños públicos municipais tras entrar en alerta de nivel 2.

A alcaldesa, a socialista María Loureiro, concreta que parte dos positivos localizados “estaban xa confinados” ao ser contactos de casos de Covid-19 detectados con anterioridade, polo que asegura que o grao de transmisión do virus “non é elevada”.

O executivo municipal está á espera de que, trala declaración por parte do Goberno central do estado de alarma para o toque de queda nocturno, a Xunta de Galicia informe de novas medidas, ademais das adoptadas a semana pasada, coa prohibición das reunións de máis de cinco persoas non convivintes e a redución de aforamentos en establecementos comerciais e de hostalería.

DÍA DE DEFUNTOS

Por outra parte, o mércores o concello dará a coñecer as medidas especiais que se establecerán para o cemiterio con motivo da celebración do Día de Defuntos, coa fin de preservar a saúde pública, trala reunión convocada ao efecto con técnicos, policía local e protección civil.

O Concello fai fincapé “na necesidade de non baixar a garda, de extremar as precaucións e cumprir estritamente as medidas de seguridade establecidas, agradecendo a todos os veciños e veciñas a súa responsabilidade social e os esforzos realizados en beneficio da saúde pública”.

Cabe salientar que Viveiro está en alerta de nivel 2 polos casos localizados na última semana, aínda que no global dos últimos 14 días o grao de transmisión do virus é de nivel 1, con menos de 28 positivos nese período de tempo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...